80

emil ruder catalogue. typographie. gewerbemuseum basel

typographie.

ausstellung 50 jahre handsetzervereinigung basel.

gewerbemuseum basel. 1960

147 x 210 mm

o catálogo da mostra ‘typographie’, que celebraba o 50 aniversario da asociación de tipógrafos de basilea, fai un percorrido pola historia moderna do deseño tipográfico. o catálogo está divido en catro seccións: 1. Anfänge der erneuerung und jugendstil (inicio da renovación e art noveau), 2. futurism, dada, surrealism, 3. elementare typographie (tipografía elemental ou ‘esencial’?) e 4. gegenwart (presente).

ao longo do catálogo móstranse os traballos de tristan tzara, kurt schwitters, marinetti, el lissitzky, joost schmidt, herbert bayer, piet zwart, emil ruder, karl gerstner, anthony froshaug, entre outros.

segundo se menciona no número especial da revista IDEA, editada en xapón, e adicada a recoller os traballos e escritos de emil ruder, a exposición foi preparada durante un semestre polo propio emil ruder xunto cos seus alumnos.

no propio catálogo figura ademais un texto de emil ruder no que expón, cun estilo directo, e enunciados como pasos dunha receita, xustificado quizáis polo afán pedagóxico que acompañou toda a súa actividade, algúns dos principios básicos que deben guiar unha boa práctica de deseño tipográfico: ‘tipographie als mitteilung und als form’ a tipografía como comunicación e como forma.

o texto, en alemán, atópase traducido ao inglés na revista-libro ‘typography today’ editada por helmut schmid, un dos antigos alumnos de emil ruder.

‘Communication is the proper purpose of typography, and the duty of communication is imposed upon the typographer in the same manner as it is upon the architect and the industrial designer. Typography cannot be released from this duty by any new theory or special consideration. A design for print which cannot be read is sheer rubbish’.

o catálogo foi deseñado polo propio emil ruder, ainda que a cuberta está baseada no poster que para a mesma exposición deseñou o seu colega na escola de deseño de basilea, robert büchler.

poster (flickr Blanka)  +

revista TM. novembro 1960 (flickr unit editions)  +

máis fotos no flickr de 80magazine  +

modernism tradition. siemens. braun

Posted in 30's, 60's, braun, corporate identity, dieter rams, siemens, typography by desescribir on 7 February 2010

carta de ‘siemens’. alemania. 30’s / publicidade ‘braun’. alemania. 60’s

the miracle worker. títulos de crédito. title credits

Posted in 60's, títulos de crédito, tipografía, title credits, type, typography by desescribir on 4 February 2010

chamáronnos a atención os títulos de crédito da película dos anos 60 “the miracle worker”. títulos proxectados, segundo o noso parecer, nos principios da modernidade. a tipografía vai buscando o seu acomodo na fermosa fotografía da película, acompañando e potenciando a composición dos fotogramas. a lectura dos créditos e das imaxes vai da man, de aí a súa beleza e a súa forza visual. mágoa non apareza ningunha referencia ao autor.

the miracle worker. 1962. dirección: arthur penn. guión: william gibson. fotografía: ernest caparros.                           títulos de crédito: anónimo

ficha técnica +

títulos de crédito +

geigy. museum of design zürich

karl gerstner

andreas his. august maurer

karl gerstner. anonym

therese moll. andreas his.

o museo de deseño de zúric incorporou a súa colección online moitos dos traballos recollidos na exposición:

‘good desing, good business’ (schweizer grafik und werbung für geigy. 1940-1970)

unha gran parte dos traballos que se poden consultar non se mostran no libro que se editou para acompañar á exposición (corporate diversity. museum für gestaltung zürich. lars müller publishers. andreas janser. barbara junod. zürich. 2009. isbn 978-3-03778-16o-9)

museum für gestaltung zürich  +

máis traballos realizados para geigy en 80 +

pelayo izquierdo

Posted in 60's, book cover, book design, pelayo izquierdo, tipografía, typography by desescribir on 27 January 2010

o pouco que sabemos sobre pelayo izquierdo, sabémolo pola dobre páxina que lle dedicou a revista visual nº 118 e o texto de sebastiá duatis (+) que nela se inclúe. pelayo izquierdo compaxinaba o seu labor profesional coa docencia na escola massana (+) onde impartiu cursos como “matemática e deseño”, “semioloxía gráfica” ou “color”.

tipografía, color e ilustración (case sempre moi esquemática) contrúen as cubertas que izquierdo deseñou nos 60 e 70 para círculo de lectores.

la noria. luis romero. círculo de lectores. barcelona. 1970. 120 x 200 mm

mene. ramón díaz sánchez. círculo de lectores. barcelona. 1969. 111 x 175 mm

bruno munari. continuità

Posted in bruno munari by desescribir on 9 January 2010

bruno munari. continuità. 35×180 cm.

+

Tagged with:

esslinger wollheft. 30’s

Posted in 30's, anton stankowski, book cover, corporate identity, max burchartz, typography by desescribir on 26 December 2009


esslinger wollheft. 1930-1932. 295×148 mm.

deseñador descoñecido

serie de portadas do que semellan catálogos de venda para o fabricante de téxtiles de la merkel & kienlin, da cidade de esslingen, na rexión xermana de stuttgart baden-württemberg.

as portadas reflicten unha clara influencia da ‘neue typographie’ desenrolada nos anos 20 en centro europa e que tivo unha das súas principais e primeiras aplicacións no mundo da publicidade.

durante a década dos anos 20, e ata a chegada ao poder do nacional-socialismo en alemania na metade dos anos 30, co seu rexeitamento frontal ás formulacións modernistas e de vangarda no mundo da creación, que denominou arte dexenerada +, a publicidade foi o principal banco de probas das novas teses formuladas en deseño e tipografía por deseñadores como jan tschichold, walter dexel ou laszlo moholy-nagy.

dúas circunstancias principais explican este encontro de intereses. por unha banda un contexto social de progresiva consolidación das clases medias coa ‘democratización’ do consumo como íntima consecuencia, e por outro lado, a necesidade de desenrolar novas linguaxes visuais afastadas do ‘imaxinario’ burgués e victoriano para comunicar os avances tecnolóxicos que a industria  proporcionaba, máis interesada en ofrecer unha mensaxe de innovación e eficiencia.

xunto a estes dous factores, as propias características da publicidade como ferramenta de comunicación, máis proclive á experimentación e  menos suxeita ás ‘normas’ ou dogmas do mundo editorial, promoveron que deseñadores como max burchartz e a súa axencia werbebau + + ou anton stankowski + + +, foran dos primeiros en aplicar a ‘nova tipografia’ con fins comerciais, caracterizado polo emprego de tipografías sen serifas (grotescas), un maior rigor na composición dos elementos visuais na páxina, favorecendo unha xerarquía e unha orde na lectura e na transmisión da información e, por último, no emprego preferente da fotografía e a foto-montaxe, trasladada de movemtentos artísticos como o dada, en detrimento da ilustración.

as imaxes dos catalógos pertencen a ‘jan tschichold collection’ do arquivo online do museo de arte moderna de nova yorque +

daniel gil. kafka. paperback

Posted in 60's, book cover, book design, daniel gil, tipografía, typography by desescribir on 29 November 2009

“Ya era de noche cuando K. llegó. La aldea yacía hundida en la nieve. Nada se veía en la colina; bruma y tinieblas la rodeaban; ni el más debil resplandor revelaba el gran castillo. Largo tiempo K. se detuvo sobre el puente de madera que del camino real conducía a la aldea, con los ojos alzados al aparente vacío”

o texto en cabeceira é o primeiro parágrafo do libro ‘el castillo’ de franz kafka.

a cuberta é un dos deseños realizados por daniel gil (1930-2004) para a colección ‘libro de bolsillo’ de alianza editorial.

daniel gil foi alumno da escola de deseño de ulm (hochschule für gestaltung) nos anos 50, e un dos principais renovadores do deseño en españa. durante 25 anos traballou para alianza editorial, chegando a ser o seu director artístico.

biografía completa  +

colección de cubertas deseñadas por daniel gil para a colección ‘libro de bolsillo’ en flickr  +

el castillo. franz kafka

alianza editorial

segunda edición. madrid. 1973

isbn 84-206-1297-9

105 x 180 mm

integración de balances. libro. book

Posted in 60's, book cover, book design, tipografía, typography by desescribir on 26 November 2009

segundo a faixa que envolve o libro, o autor enrique fernández peña escribe a primeira obra en castelán sobre o cálculo analítico das magnitudes económicas, financieiras e patrimoniais correspondentes a asociacións e unións de empresas.

é sorprendente como con tres círculos de diferente cor se resolven gráficamente a cuberta e lomo do libro facendo referencia ao contido. o mesmo se pode decir da utilización do papel milimetrado para a faixa.

título. integración de balances

edita. aguilar

deseño. anónimo

impresión. tipografía artística. valencia

dimensións. 145 x 217 mm

valencia 1965

alvin lustig. perspektiven. perspectives

Posted in 50's, alvin lustig, book cover, book design, magazine by desescribir on 23 November 2009

perspektiven. kunst. literatur. musik. 1-5

s. fischer verlag. frankfurt am main

intercultural publicactions inc. new york

1952-1953

152 x 225 mm

alvin lustig deseñou varias portadas para a revista sobre arte, literatura e música chamada ‘perspectives’. a revista, orixinalmente editada en estados unidos, tivo unha versión en alemán que conservaba o mesmo deseño que a orixinal.

entre os colaboradores para a revista figuraban escritores como william faulkner ou william carlos williams. diste último autor o propio alvin lustig deseñou portadas dos seus libros na editorial new directions.

para a mesma revista realizaron portadas deseñadores como paul rand ou herbert bayer.

as portadas de alvin lustig para os números 1 e 5 mostran unha clara influencia das experiencias da arte concreta suiza dos mesmos anos, representado en autores como max bill, richard p. lohse, marcel wyss ou verena loewensberg (+), moitos deles tamén deseñadores gráficos e habituados a un trasego fluido de experiencias entre arte e deseño, baseándose nuns principios afastados de dogmas disciplinares, e nos que a arte e o deseño, ademáis da arquitectura, eran ferramentas complementarias cunha clara vocación funcional e de servicio á sociedade.

+