alvin lustig. perspektiven. perspectives
perspektiven. kunst. literatur. musik. 1-5
s. fischer verlag. frankfurt am main
intercultural publicactions inc. new york
1952-1953
152 x 225 mm
alvin lustig deseñou varias portadas para a revista sobre arte, literatura e música chamada ‘perspectives’. a revista, orixinalmente editada en estados unidos, tivo unha versión en alemán que conservaba o mesmo deseño que a orixinal.
entre os colaboradores para a revista figuraban escritores como william faulkner ou william carlos williams. diste último autor o propio alvin lustig deseñou portadas dos seus libros na editorial new directions.
para a mesma revista realizaron portadas deseñadores como paul rand ou herbert bayer.
as portadas de alvin lustig para os números 1 e 5 mostran unha clara influencia das experiencias da arte concreta suiza dos mesmos anos, representado en autores como max bill, richard p. lohse, marcel wyss ou verena loewensberg (+), moitos deles tamén deseñadores gráficos e habituados a un trasego fluido de experiencias entre arte e deseño, baseándose nuns principios afastados de dogmas disciplinares, e nos que a arte e o deseño, ademáis da arquitectura, eran ferramentas complementarias cunha clara vocación funcional e de servicio á sociedade.
emil ruder. typographische monatsblätter
typographische monatsblätter 10, 4, 8/9, 12. 1955
deseño de cubertas realizadas por emil ruder para a revista ‘typographische monatsblätter’ no ano 1955. 23×31 cm
“in 1953, TM held a competition to design a cover series, inside layout and advertising pages. 12 people took part, including the basel typography teachers emil ruder and robert büchler. the TM jury report on ruder’s entry:
‘the designer if his competition work chose the square as design motif, wich also resonates again in the page layout. this cover series is designed with sparkling fantasy; bold and new, far way from tested solutions, in a darling refreshing attemp. […] a really new solution which could have an interesting change from the arrangement up to now’
five covers by emil ruder were applied to break the monotony of the winning entry of robert büchler”
extracto da revista-libro ‘ruder typography ruder philosophy’. idea magazine 333. vol. 57. marzo 2009. xapon. issn 0019-1299 +
1 comment