Ann & Paul Rand. “Sé muchas cosas”. “I know a lot of things”
Barbara fiore Editora ten publicado en castelán tres dos catro libros escritos por Ann Rand e deseñados polo seu home, Paul Rand, un dos deseñadores americanos máis relevantes do século pasado.
“Sé muchas cosas” é o primeiro de catro libros que teñen aos pequenos de dous a seis anos como principias destinatarios. Editado orixinalmente no ano 1956 por Harcourt, Brace & World baixo o título “I know a lot of things”, é reeditado no 2006 por ChronicleBooks.
A escritura de Ann Rand é sinxela e sincera, invitando ao disfrute da vida. En combinación coas ilustracións fai cóxegas e arrinca sorrisos.
A actidude de Paul Rand á hora de comunicar dende o xogo, a sorpresa e o humor, así como os elementos gráficos que fan recoñecible a súa linguaxe -cor, ilustración e tipografía- están presentes ao longo de todo o libro, facendo un goce percorrer a publicación: camisa, cuberta, gardas, adicatoria, dobres páxinas… todo un mundo para perderse.
A utilización de seis tintas directas sobre papel offset, nunca mesturadas entre si e poucas veces en baixa intensidade, reforzan as xa de por si, fermosas ilustracións.
É moi de agradecer que deseñadores como Paul Rand, se preocupen de producir material para as idades onde os ollos están máis abertos.
“Sé muchas cosas”
21,5 x 26 cm
Barbara Fiore Editora. 2008
ISBN. 978-84-936185-7-5
leave a comment