esslinger wollheft. 30’s
esslinger wollheft. 1930-1932. 295×148 mm.
deseñador descoñecido
serie de portadas do que semellan catálogos de venda para o fabricante de téxtiles de la merkel & kienlin, da cidade de esslingen, na rexión xermana de stuttgart baden-württemberg.
as portadas reflicten unha clara influencia da ‘neue typographie’ desenrolada nos anos 20 en centro europa e que tivo unha das súas principais e primeiras aplicacións no mundo da publicidade.
durante a década dos anos 20, e ata a chegada ao poder do nacional-socialismo en alemania na metade dos anos 30, co seu rexeitamento frontal ás formulacións modernistas e de vangarda no mundo da creación, que denominou arte dexenerada +, a publicidade foi o principal banco de probas das novas teses formuladas en deseño e tipografía por deseñadores como jan tschichold, walter dexel ou laszlo moholy-nagy.
dúas circunstancias principais explican este encontro de intereses. por unha banda un contexto social de progresiva consolidación das clases medias coa ‘democratización’ do consumo como íntima consecuencia, e por outro lado, a necesidade de desenrolar novas linguaxes visuais afastadas do ‘imaxinario’ burgués e victoriano para comunicar os avances tecnolóxicos que a industria proporcionaba, máis interesada en ofrecer unha mensaxe de innovación e eficiencia.
xunto a estes dous factores, as propias características da publicidade como ferramenta de comunicación, máis proclive á experimentación e menos suxeita ás ‘normas’ ou dogmas do mundo editorial, promoveron que deseñadores como max burchartz e a súa axencia werbebau + + ou anton stankowski + + +, foran dos primeiros en aplicar a ‘nova tipografia’ con fins comerciais, caracterizado polo emprego de tipografías sen serifas (grotescas), un maior rigor na composición dos elementos visuais na páxina, favorecendo unha xerarquía e unha orde na lectura e na transmisión da información e, por último, no emprego preferente da fotografía e a foto-montaxe, trasladada de movemtentos artísticos como o dada, en detrimento da ilustración.
as imaxes dos catalógos pertencen a ‘jan tschichold collection’ do arquivo online do museo de arte moderna de nova yorque +
leave a comment