80

tres posters de vinilo. three vinyl posters

Posted in 50's, 60's, müller brockmann, posters, swiss typography, tipografía, typography by desescribir on 23 August 2009

090821_lps3

1. gottlieb soland. grammo-grafik. kunstgewerbemuseum zürich. 1957

2. josef müller brockmann. anthologie de musique suisse. 1975?

3. markus bruggisser. jazz & pop schallplattenhüllen. kunstgewerbemuseum zürich. 1978.

+

Advertisements

geigy. cadernos. bulletins

090819_geigy_1

090819_geigy_2

090819_geigy_3

090819_geigy_4

090819_geigy_5

090819_geigy_6

090819_geigy_7

090819_geigy_8

090819_geigy_8b

090819_geigy_9

090819_geigy_14

090819_geigy_10

090819_geigy_11

090819_geigy_12

090819_geigy_16

geheimnis der sterne. o segredo das estrelas. basel. 15,5×15,5 cm

im schatten der nacht. á sombra da noite. basel. 15,5×15,5 cm

goma. das basler gorillakind. goma. unha cria de gorila de basel. deseño igildo biesele. basel. 1959. 15,5×15,5 cm

das bild der depression. unha descripción da depresión. basel. 17×24 cm.

deseño. departamento de deseño e publicidade de geigy, encabezado por max schmid.

max schmid formouse na ‘allgemeine gewerbeschule’ de basel e tivo como profesores e emil ruder e armin hofmann.

durante os anos 50 e 60 traballaron para o departamento de publicidade de geigy, ben como traballadores internos, ou por medio de colaboracións externas, deseñadores como karl gerstner, o propio armin hofmann, nelly rudin, igildo biesele (deseñador do caderno ‘goma’), fridolin müller ou gérard ifert.

geigy foi unha das principais e primeiras empresas en adoptar as ideas da nova tipografía desenroladas en suiza despois da segunda guerra mundial para identificar e promover os seus productos. nas bases ideolóxicas do deseño gráfico e da tipografía suiza disa época, promovíase a renuncia ao ‘estilo’ como expresión dunha maneira persoal ou artística de intepretar e expresar unha idea, apostando pola contra polos valores ‘funcionais’ da comunicación.

paralelamente aos traballos de publicidade directa do seus productos, geigy editaba uns cadernos científicos e de investigación (documenta geigy) que complementaban a sua estratexia publicitaria e tiñan como obxectivo prestixiar a compañía entre o público especializado.

recentemente celebrouse unha exposición no museo do deseño de zürich que recollía mostras do traballo realizado polo departamento de publicidade de geigy ao longo de 30 anos. ‘good design-good bussiness. swiss graphic design by geigy. 1940-1970’.

fontes.

corporate diversity. museum für gestaltung zürich. lars müller publishers. andreas janser. barbara junod. zürich. 2009. isbn 978-3-03778-16o-9

chemie werbung und grafik. hans neuburg. abc verlag. zürich. 1967

+ +

ernst keller. das neue heim. a nova casa

Posted in 20's, 30's, ernst keller, stamp, swiss typography, typography by desescribir on 15 August 2009

090815_ernstkeller

das neue heim. the new home. a nova casa

deseño ernst keller

selo conmemorativo da exposicion ‘das neue heim’ (a nova casa) celebrada no ‘kunstgewerbemuseum’ de zürich no ano 1928.

ernst keller foi un dos impulsores da escola de deseño de zürich (onde foi profesor de  deseñadores como emil ruder e josef müller-brockmann). foi un dos primeiros deseñadores en suiza en aplicar as ideas da ‘tipografía elemental’ e de continuar as experiencias tipográficas desenroladas na bauhaus.

+ +

fotografía e grella. grid and photography

090801_lohse1

090801_lohse2

090801_ruder1

090801_ruder2

090801_hamburger1

090801_hamburger2

1,2. wir neger in amerika. deseño richard paul lohse. buchergilde guntemberg. zürich. 1948. 16,5x23x5 cm

3,4. gärten, menschen, spiele. deseño emil ruder e armin hofmann. basel. 1960. 25,5×26,5 cm

5,6. der film. deseño jörg hamburger e serge stauffer. kunstgewerbemuseum zürich. 1960. 20,5×20 cm