adolf feller ag. identidade corporativa. corporate identity
adolf feller ag é unha empresa suiza que se adica á fabricación de compoñentes eléctricos dende o ano 1909.
durante os anos 40 e 50 traballaron para ista empresa, definindo a súa identidade gráfica, deseñadores como hans neuburg, richard paul lohse ou carlo vivarelli.
xunto a outras empresas como a química geigy, o fabricante de turbinas e maquinaria escher wyss ou o fabricante e distribuidor de mobles wohnbedarf, adolf feller adoptou os valores de funcionalidade e claridade expresados polo deseño gráfico suizo da época, con base nos principios da ‘nova tipografía’ iniciados nos anos 20, e que máis tarde sería nomeado ‘estilo suizo’.
1. elisabeth feller.
2. fábrica adolf feller ag. horgen. suiza
3. deseño de interruptor de adolf feller. 1952
4. os productos de adolf feller recibiron en 1955 o premio ‘die gute form’. iste premio era convocado polo ‘werkbund’ suizo co fin de recoñecer os mellores deseños realizados por parte da industria e aplicados a obxectos de uso diario.
5. hans neuburg realizou dous logotipos diferentes para adolf feller. o primeiro, no ano 1941, consistía nunha estrela de cinco puntas e as siglas de ‘adolf feller horgen’ dispostos no interior dun círculo. para a segunda versión, en 1945, basouse na sinatura de elisabeth feller.
6. richard paul lohse (1948-1951)
7. carlo vivarelli (1951-1953)
8. maqueta de catálogo.
9. der mensch und das licht. deseño carlo vivarelli. 1960. 25×13 cm
libro conmemorativo dos 50 anos de historia da empresa
10. publicidade. 60’s.
10. publicidade. deseño atelier müller brockmann. MB+Co. 1969
fontes:
1. feller ag +
2. eth. swiss federal institute of technology zürich +
3,4,5. collections archives online. museum für gestaltung zürich +
6. richard paul lohse. konstruktive gebrauchsgrafik. christoph bignens. hatje cantz verlag. 1999. isbn 3-7757-0767-0
7. carlo vivarelli. plastik malerei grafik. susanne kappeler. abc verlag. zürich. 1987. isbn 3-85504-112-1
8. collections archives online. museum für gestaltung zürich +
9. der mensch und das licht. deseño carlo vivarelli. 1960. 25×13 cm
10. bauen+wohnen magazines. zürich. anos 60
Amazing!! I love it!
gràcies xavier¡