Ann & Paul Rand. “El pequeño 1”. “Little 1”







“Little 1” publicouse no ano 1962 pola editorial Harcourt, Brace & World que acolleu os catro volumes realizados por Ann e Paul Rand. Barabara Fiore Editora encárgase da súa reedición en castelán: El pequeño 1.
Mentres aprendemos a contar ata dez, Ann trata a soidade, a aceptación polos demais e a búsqueda do sitio propio.
Neste volume, Paul Rand troca os planos de color de figura a fondo, adquirindo protagonismo o debuxo de liña.
“El pequeño 1”
21,5 x 26 cm
Barbara Fiore Editora. 2006
ISBN. 978-84-934811-2-4
Agardamos impacientes a reedición de “Listen! Listen!”, o último libro onde colaboran os Rand, e que contén unha das páxinas máis sonoras da historia da tipografía.
Ann & Paul Rand. “Chispas y cascabeles”. “Sparkle and Spin”







Segunda entrega froito da colaboración entre Ann Rand Ozbekhan e Paul Rand. “Sparkle and Spin” publicado orixinalmente por Harcourt, Brace & World no ano 1957 está reeditado en castelán por Barbara Fiore Editora baixo o título “Chispas y cascabeles”.
Desta vez, o mundo das palabras é o protagonista: sonoridade, rima, forma…
De novo, gardas, adicatoria e dobres páxinas fan da lectura unha festa visual.
-A composición orixinal e o modo de construcción da páxina mostrada na quinta imaxe pode verse en amassblog. Como comenta JP Williams na súa entrada, a ilustración foi utilizada tamén para un dos cadernos deseñados por Rand para IBM-
“Chispas y cascabeles”
21,5 x 26 cm
Barbara Fiore Editora. 2006
ISBN. 978-84-934811-3-1
Ann & Paul Rand. “Sé muchas cosas”. “I know a lot of things”






Barbara fiore Editora ten publicado en castelán tres dos catro libros escritos por Ann Rand e deseñados polo seu home, Paul Rand, un dos deseñadores americanos máis relevantes do século pasado.
“Sé muchas cosas” é o primeiro de catro libros que teñen aos pequenos de dous a seis anos como principias destinatarios. Editado orixinalmente no ano 1956 por Harcourt, Brace & World baixo o título “I know a lot of things”, é reeditado no 2006 por ChronicleBooks.
A escritura de Ann Rand é sinxela e sincera, invitando ao disfrute da vida. En combinación coas ilustracións fai cóxegas e arrinca sorrisos.
A actidude de Paul Rand á hora de comunicar dende o xogo, a sorpresa e o humor, así como os elementos gráficos que fan recoñecible a súa linguaxe -cor, ilustración e tipografía- están presentes ao longo de todo o libro, facendo un goce percorrer a publicación: camisa, cuberta, gardas, adicatoria, dobres páxinas… todo un mundo para perderse.
A utilización de seis tintas directas sobre papel offset, nunca mesturadas entre si e poucas veces en baixa intensidade, reforzan as xa de por si, fermosas ilustracións.
É moi de agradecer que deseñadores como Paul Rand, se preocupen de producir material para as idades onde os ollos están máis abertos.
“Sé muchas cosas”
21,5 x 26 cm
Barbara Fiore Editora. 2008
ISBN. 978-84-936185-7-5
4 comments