Fletcher/Forbes/Gill. Pirelli (3)




Folleto Pirelli
‘Pattern on progress Pirelli Cintura’
Deseñador por Fletcher/Forbes/Gill en 1962
145×205
Fletcher/Forbes/Crosby. Pirelli (2)

Folleto Pirelli Cinturato
1970
Deseñado por Fletcher/Forbes/Crosby (atribuido)
145×205
Ver post anterior
Fletcher/Forbes/Gill. Pirelli (1)


Tríptico Pirelli
‘Table of cars to which Cintura tyres can be fitted and pressures’
Deseñado por Fletcher/Forbes/Gill en 1962
145×205
Alan Fletcher foi un dos máis destacados deseñadores da segunda metade do seculo XX en Europa. Segundo a súa biografía na páxina do Museo do Deseño de Londres, o seu traballo propón unha síntese entre a tradición moderna europea e a cultura pop americana.
En 1962, despois de completar os seus estudos en EEUU, e dun breve periodo de traballo no departamento de publicidade de Pirelli en Milán, funda en Londres, xunto a Collin Forbes e Bob Gill, o estudio Fletcher/Forbes/Gill. Tres anos máis tarde, incorpórase ao estudio o arquitecto Theo Crosby, conformando así un dos primeiros estudios interdisciplinares capaces de dar unha resposta global e homoxéna ás diferentes escalas do deseño, e máis aínda, facendo certo un dos axiomas da vangarda dos anos 20 proclamados na bauhaus: ‘from teaspoon to city-planning’.
Coa incorporación de dous novos socios en 1972, e seguindo un modo de pensar moi común disa época respecto á práctica do deseño, que entendía o traballo do deseñador como un mediador, como a canle necesaria para facilitar a transmisión dunha comunicación, o estudio pasa a denominarse Pentagram, convertíndose nunha das axencias de deseño máis influintes a nivel internacional e que aínda hoxe se mantén activa.
Máis anuncios e traballos gráficos para Pirelli na magnífica páxina this is display que foi a inspiración para ista entrada.
Jost Hochuli (1). Typotron 15. Typografisches Allerlei







Jost Hochuli
Typografisches Allerlei – und allerlei anderes (mässig gepfeffert) /Variacións tipográficas – e outras variacións (moderadamente atrevidas)
Typotron Heft 15
St. Gallen. 1997
150x240mm
Typotron é unha imprenta da cidade suiza de St. Gallen. Dende o ano 1983 ven editando un caderno anual como regalo promocional para os seus clientes.
Jost Hochuli foi o encargado do deseño dos 17 primeiros cadernos ata o ano 1998. Ademáis, e coa excepción dos números 12 e 13, o propio Jost Hochuli levou a cabo a selección de temas, a edición e a realización dos contidos.
Os cadernos son un inmellorable exemplo de moitas das ideas presentadas nos seus libros sobre tipografía e deseño, nos que o libro se mostra como un obxecto de deseño total, dende a atención ao detalle e o estudo de pequena escala da ‘micro-tipografía’, pasando pola composición dos contidos na páxina, ata chegar aos apectos máis globais do libro como obxecto: formato, papel, encadernación,…
Realmente é un pracer ter entre as mans estes cadernos, feitos non só para ler e para ollar, senón tamén para tocar e para ser gozados con todos os sentidos.
Os seus libros ‘Detail in typography‘ e ‘Designing books: practice and theory‘ (xunto a Robin Kinross), orixinalmente publicados en Suiza pola editorial Niggli, e editados en inglés por Hyphen Press, están traducidos ao castelán e publicados pola editorial valenciana Campgràfic.
Listaxe completa de cadernos editados por Typotron en PDF
Biografía de Jost Hochuli en Hyphen Press.
volkswagen. catálogo. brochure




catálogo volkswagen beetle. 1964. 21×15 cm. deseñador descoñecido
volkswagenwerk ag. wolfsburg
leave a comment