80

álgebra lineal y geometría elemental

Posted in 70´s, book cover, typography by desescribir on 17 March 2010

Sirva esta entrada, como humilde homenaxe a todos os deseñadores anónimos que contribuiron e contribúen a nosa cultura e educación visual (e porque non, ética).

álgebra lineal y geometría elemental. Selecciones científicas. 1971

Deseño de camisa e cuberta. Anónimo.

Impresión. Selecciones Gráficas.

Dimensións. 145×210 mm

Ann & Paul Rand. “El pequeño 1”. “Little 1”

Posted in 60's, book design, illustration, Paul Rand by desescribir on 14 March 2010

“Little 1” publicouse no ano 1962 pola editorial Harcourt, Brace & World que acolleu os catro volumes realizados por Ann e Paul Rand. Barabara Fiore Editora encárgase da súa reedición en castelán: El pequeño 1.

Mentres aprendemos a contar ata dez, Ann trata a soidade, a aceptación polos demais e a búsqueda do sitio propio.

Neste volume, Paul Rand troca os planos de color de figura a fondo, adquirindo protagonismo o debuxo de liña.

“El pequeño 1”

21,5 x 26 cm

Barbara Fiore Editora. 2006

ISBN. 978-84-934811-2-4

Agardamos impacientes a reedición de “Listen! Listen!”, o último libro onde colaboran os Rand, e que contén unha das páxinas máis sonoras da historia da tipografía.

Ann & Paul Rand. “Chispas y cascabeles”. “Sparkle and Spin”

Posted in 50's, book design, illustration, Paul Rand by desescribir on 11 March 2010

Segunda entrega froito da colaboración entre Ann Rand Ozbekhan e Paul Rand. “Sparkle and Spin” publicado orixinalmente por Harcourt, Brace & World no ano 1957 está reeditado en castelán por Barbara Fiore Editora baixo o título “Chispas y cascabeles”.

Desta vez, o mundo das palabras é o protagonista: sonoridade, rima, forma…

De novo, gardas, adicatoria e dobres páxinas fan da lectura unha festa visual.

-A composición orixinal e o modo de construcción da páxina mostrada na quinta imaxe pode verse en amassblog. Como comenta  JP Williams na súa entrada, a ilustración  foi utilizada tamén para un dos cadernos deseñados por Rand para IBM-

“Chispas y cascabeles”

21,5 x 26 cm

Barbara Fiore Editora. 2006

ISBN. 978-84-934811-3-1

Ann & Paul Rand. “Sé muchas cosas”. “I know a lot of things”

Posted in 50's, book design, illustration, Paul Rand by desescribir on 7 March 2010

Barbara fiore Editora ten publicado en castelán tres dos catro libros escritos por Ann Rand e deseñados polo seu home, Paul Rand, un dos deseñadores americanos máis relevantes do século pasado.

“Sé muchas cosas” é o primeiro de catro libros que teñen aos pequenos de dous a seis anos como principias destinatarios. Editado orixinalmente no ano 1956 por Harcourt, Brace & World baixo o título “I know a lot of things”, é reeditado no 2006 por ChronicleBooks.

A escritura de Ann Rand é sinxela e sincera, invitando ao disfrute da vida. En combinación coas ilustracións fai cóxegas e arrinca  sorrisos.

A actidude de Paul Rand á hora de comunicar dende o xogo, a sorpresa e o humor, así como os elementos gráficos que fan recoñecible a súa linguaxe -cor, ilustración e tipografía- están presentes ao longo de todo o libro, facendo un goce percorrer a publicación: camisa, cuberta, gardas, adicatoria, dobres páxinas… todo un mundo para perderse.

A utilización de seis tintas directas sobre papel offset, nunca mesturadas entre si e poucas veces en baixa intensidade, reforzan as xa de por si, fermosas ilustracións.

É moi de agradecer que deseñadores como Paul Rand,  se preocupen de producir material para as idades onde os ollos están máis abertos.

“Sé muchas cosas”

21,5 x 26 cm

Barbara Fiore Editora. 2008

ISBN. 978-84-936185-7-5

Rosalía de Castro. Biblioteca general Salvat.

Posted in 70´s, book cover, book design by desescribir on 18 February 2010

Rosalía é o mito poético do século XIX, cunha obra de forte conciencia da dignidade que reclama para o seu pobo.

O número 6 da biblioteca general Salvat ofrece unha escolma da obra da poetisa galega. A identidade desta colección baséase nas distintas combinacións de cor do motivo xeométrico que serve de fondo á tipografía. Pequenas postais de arte concreta. A textura do papel da cuberta aviva a cor e chama polas mans.

Antología. Rosalía de Castro. Biblioteca general Salvat. Salvat Editores e Alianza Editorial. 1971.

Deseño: anónimo. Impresión: gráficas estella. Dimensións: 125 x 185 mm

Jost Hochuli (1). Typotron 15. Typografisches Allerlei

Posted in book cover, book design, brochure, jost hochuli, swiss typography, typography, typotron by desescribir on 16 February 2010

Jost Hochuli

Typografisches Allerlei – und allerlei anderes (mässig gepfeffert) /Variacións tipográficas – e outras variacións (moderadamente atrevidas)

Typotron Heft 15

St. Gallen. 1997

150x240mm

Typotron é unha imprenta da cidade suiza de St. Gallen. Dende o ano 1983 ven editando un caderno anual como regalo promocional para os seus clientes.

Jost Hochuli foi o encargado do deseño dos 17 primeiros cadernos ata o ano 1998. Ademáis, e coa excepción dos números 12 e 13, o propio Jost Hochuli levou a cabo a selección de temas, a edición e a realización dos contidos.

Os cadernos son un inmellorable exemplo de moitas das ideas presentadas nos seus libros sobre tipografía e deseño, nos que o libro se mostra como un obxecto de deseño total, dende a atención ao detalle e o estudo de pequena escala da ‘micro-tipografía’, pasando pola composición dos contidos na páxina, ata chegar aos apectos máis globais do libro como obxecto: formato, papel, encadernación,…

Realmente é un pracer ter entre as mans estes cadernos, feitos non só para ler e para ollar, senón tamén para tocar e para ser gozados con todos os sentidos.

Os seus libros ‘Detail in typography e ‘Designing books: practice and theory‘ (xunto a Robin Kinross), orixinalmente publicados en Suiza pola editorial Niggli, e editados en inglés por Hyphen Press, están traducidos ao castelán e publicados pola editorial valenciana Campgràfic.

Listaxe completa de cadernos editados por Typotron en PDF

Biografía de Jost Hochuli en Hyphen Press.

emil ruder catalogue. typographie. gewerbemuseum basel

typographie.

ausstellung 50 jahre handsetzervereinigung basel.

gewerbemuseum basel. 1960

147 x 210 mm

o catálogo da mostra ‘typographie’, que celebraba o 50 aniversario da asociación de tipógrafos de basilea, fai un percorrido pola historia moderna do deseño tipográfico. o catálogo está divido en catro seccións: 1. Anfänge der erneuerung und jugendstil (inicio da renovación e art noveau), 2. futurism, dada, surrealism, 3. elementare typographie (tipografía elemental ou ‘esencial’?) e 4. gegenwart (presente).

ao longo do catálogo móstranse os traballos de tristan tzara, kurt schwitters, marinetti, el lissitzky, joost schmidt, herbert bayer, piet zwart, emil ruder, karl gerstner, anthony froshaug, entre outros.

segundo se menciona no número especial da revista IDEA, editada en xapón, e adicada a recoller os traballos e escritos de emil ruder, a exposición foi preparada durante un semestre polo propio emil ruder xunto cos seus alumnos.

no propio catálogo figura ademais un texto de emil ruder no que expón, cun estilo directo, e enunciados como pasos dunha receita, xustificado quizáis polo afán pedagóxico que acompañou toda a súa actividade, algúns dos principios básicos que deben guiar unha boa práctica de deseño tipográfico: ‘tipographie als mitteilung und als form’ a tipografía como comunicación e como forma.

o texto, en alemán, atópase traducido ao inglés na revista-libro ‘typography today’ editada por helmut schmid, un dos antigos alumnos de emil ruder.

‘Communication is the proper purpose of typography, and the duty of communication is imposed upon the typographer in the same manner as it is upon the architect and the industrial designer. Typography cannot be released from this duty by any new theory or special consideration. A design for print which cannot be read is sheer rubbish’.

o catálogo foi deseñado polo propio emil ruder, ainda que a cuberta está baseada no poster que para a mesma exposición deseñou o seu colega na escola de deseño de basilea, robert büchler.

poster (flickr Blanka)  +

revista TM. novembro 1960 (flickr unit editions)  +

máis fotos no flickr de 80magazine  +

escalímetro

Posted in deseño suizo, swiss typography, tipografía, typography by desescribir on 27 July 2009

090725_raffinerie_escalimetro

090725_raffinerie_escalimetro2

mehr als wohnen. gta verlag. zürich. 2006

raffinerie  +

Follow

Get every new post delivered to your Inbox.

Join 34 other followers