helmut schmid. emil ruder. the road to basel

the road to Basel. der weg nach Basel. Basel e no michi
typographic reflections by students of the typographer and teacher emil ruder
concept and design helmut schmid. Robundo. Tokio. 1997. Xapón
en 1997 helmut schmid editou e deseñou iste libro coma unha homenaxe a emil ruder. para isa fin xuntou a varios antigos alumnos do curso de postgraduado en tipografía da escola de deseño de basilea dende 1954 a 1968, do que emil ruder era director e o propio helmut schmid alumno. entre os alumnos que contan as súas impresión sobre emil ruder, acompañadas de mostras do seu traballo daquela época, figuran wolfgang weingart, fridolin müller, yves zimmermann ou o autor do libro, helmut schmid. (1)
ademais de nos seus contidos, o libro formúlase como unha homenaxe a ruder dende o seu propio deseño, facendo evidente o que taro yamamoto expón como unha das principais ensinanzas de ruder: a posibilidade de integrar orde e cualidades estéticas nunha mesma composición tipográfica, afástandose de dogmas e normas rixidas:
‘the art of typography is possible with, and is suported by, the precision, order and rationality of the typographic and printing technologies. but spontaneous and accidental elements give life to typographic works, and make them aesthetically atractive [...] with the aid of spontaneous and accidental elements, the precision, order and rationality in the art of typography can most effectively contribute to our completion of real typographic works, whose pages the readers open, touch, smell, read and visually enjoy’ (2)
algúns dos textos escritos por ruder deixan claro a vixencia actual dos seus pensamentos:
‘our profession is to give form to language, to give it duration and to transfer it safely into the future’, ‘we want: good typography, developed from the intellectual, technical, and economic prerequisites’ (3)
(1) ‘helmut schmid. design is atittude’. fjodor gejko. birkhäuser verlag. basel. 2007. isbn-10:3-7643-7509-4 +
(2) ‘reading ruder’s typography’, taro yamamoto, on ‘ruder typograpy ruder philosphy’ idea magazine 333. vol. 57. marzo 2009. xapon. issn 0019-1299 +
(3) the road taken. ‘the road to basel’ book review +
alguhas páxinas do libro ‘the road to basel’ poden verse na páxina web/arquivo que mostra os traballos de helmut schmid (object number 526) +
emil ruder. typographische monatsblätter




typographische monatsblätter 10, 4, 8/9, 12. 1955
deseño de cubertas realizadas por emil ruder para a revista ‘typographische monatsblätter’ no ano 1955. 23×31 cm
“in 1953, TM held a competition to design a cover series, inside layout and advertising pages. 12 people took part, including the basel typography teachers emil ruder and robert büchler. the TM jury report on ruder’s entry:
‘the designer if his competition work chose the square as design motif, wich also resonates again in the page layout. this cover series is designed with sparkling fantasy; bold and new, far way from tested solutions, in a darling refreshing attemp. [...] a really new solution which could have an interesting change from the arrangement up to now’
five covers by emil ruder were applied to break the monotony of the winning entry of robert büchler”
extracto da revista-libro ‘ruder typography ruder philosophy’. idea magazine 333. vol. 57. marzo 2009. xapon. issn 0019-1299 +
geigy. cadernos. bulletins















geheimnis der sterne. o segredo das estrelas. basel. 15,5×15,5 cm
im schatten der nacht. á sombra da noite. basel. 15,5×15,5 cm
goma. das basler gorillakind. goma. unha cria de gorila de basel. deseño igildo biesele. basel. 1959. 15,5×15,5 cm
das bild der depression. unha descripción da depresión. basel. 17×24 cm.
-
deseño. departamento de deseño e publicidade de geigy, encabezado por max schmid.
max schmid formouse na ‘allgemeine gewerbeschule’ de basel e tivo como profesores e emil ruder e armin hofmann.
durante os anos 50 e 60 traballaron para o departamento de publicidade de geigy, ben como traballadores internos, ou por medio de colaboracións externas, deseñadores como karl gerstner, o propio armin hofmann, nelly rudin, igildo biesele (deseñador do caderno ‘goma’), fridolin müller ou gérard ifert.
geigy foi unha das principais e primeiras empresas en adoptar as ideas da nova tipografía desenroladas en suiza despois da segunda guerra mundial para identificar e promover os seus productos. nas bases ideolóxicas do deseño gráfico e da tipografía suiza disa época, promovíase a renuncia ao ‘estilo’ como expresión dunha maneira persoal ou artística de intepretar e expresar unha idea, apostando pola contra polos valores ‘funcionais’ da comunicación.
paralelamente aos traballos de publicidade directa do seus productos, geigy editaba uns cadernos científicos e de investigación (documenta geigy) que complementaban a sua estratexia publicitaria e tiñan como obxectivo prestixiar a compañía entre o público especializado.
recentemente celebrouse unha exposición no museo do deseño de zürich que recollía mostras do traballo realizado polo departamento de publicidade de geigy ao longo de 30 anos. ‘good design-good bussiness. swiss graphic design by geigy. 1940-1970′.
-
fontes.
corporate diversity. museum für gestaltung zürich. lars müller publishers. andreas janser. barbara junod. zürich. 2009. isbn 978-3-03778-16o-9
chemie werbung und grafik. hans neuburg. abc verlag. zürich. 1967
fotografía e grella. grid and photography






1,2. wir neger in amerika. deseño richard paul lohse. buchergilde guntemberg. zürich. 1948. 16,5x23x5 cm
3,4. gärten, menschen, spiele. deseño emil ruder e armin hofmann. basel. 1960. 25,5×26,5 cm
5,6. der film. deseño jörg hamburger e serge stauffer. kunstgewerbemuseum zürich. 1960. 20,5×20 cm

























leave a comment