Fletcher/Forbes/Gill. Pirelli (3)




Folleto Pirelli
‘Pattern on progress Pirelli Cintura’
Deseñador por Fletcher/Forbes/Gill en 1962
145×205
Fletcher/Forbes/Crosby. Pirelli (2)

Folleto Pirelli Cinturato
1970
Deseñado por Fletcher/Forbes/Crosby (atribuido)
145×205
Ver post anterior
Fletcher/Forbes/Gill. Pirelli (1)


Tríptico Pirelli
‘Table of cars to which Cintura tyres can be fitted and pressures’
Deseñado por Fletcher/Forbes/Gill en 1962
145×205
Alan Fletcher foi un dos máis destacados deseñadores da segunda metade do seculo XX en Europa. Segundo a súa biografía na páxina do Museo do Deseño de Londres, o seu traballo propón unha síntese entre a tradición moderna europea e a cultura pop americana.
En 1962, despois de completar os seus estudos en EEUU, e dun breve periodo de traballo no departamento de publicidade de Pirelli en Milán, funda en Londres, xunto a Collin Forbes e Bob Gill, o estudio Fletcher/Forbes/Gill. Tres anos máis tarde, incorpórase ao estudio o arquitecto Theo Crosby, conformando así un dos primeiros estudios interdisciplinares capaces de dar unha resposta global e homoxéna ás diferentes escalas do deseño, e máis aínda, facendo certo un dos axiomas da vangarda dos anos 20 proclamados na bauhaus: ‘from teaspoon to city-planning’.
Coa incorporación de dous novos socios en 1972, e seguindo un modo de pensar moi común disa época respecto á práctica do deseño, que entendía o traballo do deseñador como un mediador, como a canle necesaria para facilitar a transmisión dunha comunicación, o estudio pasa a denominarse Pentagram, convertíndose nunha das axencias de deseño máis influintes a nivel internacional e que aínda hoxe se mantén activa.
Máis anuncios e traballos gráficos para Pirelli na magnífica páxina this is display que foi a inspiración para ista entrada.
Jost Hochuli (1). Typotron 15. Typografisches Allerlei







Jost Hochuli
Typografisches Allerlei – und allerlei anderes (mässig gepfeffert) /Variacións tipográficas – e outras variacións (moderadamente atrevidas)
Typotron Heft 15
St. Gallen. 1997
150x240mm
Typotron é unha imprenta da cidade suiza de St. Gallen. Dende o ano 1983 ven editando un caderno anual como regalo promocional para os seus clientes.
Jost Hochuli foi o encargado do deseño dos 17 primeiros cadernos ata o ano 1998. Ademáis, e coa excepción dos números 12 e 13, o propio Jost Hochuli levou a cabo a selección de temas, a edición e a realización dos contidos.
Os cadernos son un inmellorable exemplo de moitas das ideas presentadas nos seus libros sobre tipografía e deseño, nos que o libro se mostra como un obxecto de deseño total, dende a atención ao detalle e o estudo de pequena escala da ‘micro-tipografía’, pasando pola composición dos contidos na páxina, ata chegar aos apectos máis globais do libro como obxecto: formato, papel, encadernación,…
Realmente é un pracer ter entre as mans estes cadernos, feitos non só para ler e para ollar, senón tamén para tocar e para ser gozados con todos os sentidos.
Os seus libros ‘Detail in typography‘ e ‘Designing books: practice and theory‘ (xunto a Robin Kinross), orixinalmente publicados en Suiza pola editorial Niggli, e editados en inglés por Hyphen Press, están traducidos ao castelán e publicados pola editorial valenciana Campgràfic.
Listaxe completa de cadernos editados por Typotron en PDF
Biografía de Jost Hochuli en Hyphen Press.
volkswagen. catálogo. brochure




catálogo volkswagen beetle. 1964. 21×15 cm. deseñador descoñecido
volkswagenwerk ag. wolfsburg
geigy. cadernos. bulletins















geheimnis der sterne. o segredo das estrelas. basel. 15,5×15,5 cm
im schatten der nacht. á sombra da noite. basel. 15,5×15,5 cm
goma. das basler gorillakind. goma. unha cria de gorila de basel. deseño igildo biesele. basel. 1959. 15,5×15,5 cm
das bild der depression. unha descripción da depresión. basel. 17×24 cm.
-
deseño. departamento de deseño e publicidade de geigy, encabezado por max schmid.
max schmid formouse na ‘allgemeine gewerbeschule’ de basel e tivo como profesores e emil ruder e armin hofmann.
durante os anos 50 e 60 traballaron para o departamento de publicidade de geigy, ben como traballadores internos, ou por medio de colaboracións externas, deseñadores como karl gerstner, o propio armin hofmann, nelly rudin, igildo biesele (deseñador do caderno ‘goma’), fridolin müller ou gérard ifert.
geigy foi unha das principais e primeiras empresas en adoptar as ideas da nova tipografía desenroladas en suiza despois da segunda guerra mundial para identificar e promover os seus productos. nas bases ideolóxicas do deseño gráfico e da tipografía suiza disa época, promovíase a renuncia ao ‘estilo’ como expresión dunha maneira persoal ou artística de intepretar e expresar unha idea, apostando pola contra polos valores ‘funcionais’ da comunicación.
paralelamente aos traballos de publicidade directa do seus productos, geigy editaba uns cadernos científicos e de investigación (documenta geigy) que complementaban a sua estratexia publicitaria e tiñan como obxectivo prestixiar a compañía entre o público especializado.
recentemente celebrouse unha exposición no museo do deseño de zürich que recollía mostras do traballo realizado polo departamento de publicidade de geigy ao longo de 30 anos. ‘good design-good bussiness. swiss graphic design by geigy. 1940-1970′.
-
fontes.
corporate diversity. museum für gestaltung zürich. lars müller publishers. andreas janser. barbara junod. zürich. 2009. isbn 978-3-03778-16o-9
chemie werbung und grafik. hans neuburg. abc verlag. zürich. 1967







leave a comment