80

álgebra lineal y geometría elemental

Posted in 70´s, book cover, typography by desescribir on 17 March 2010

Sirva esta entrada, como humilde homenaxe a todos os deseñadores anónimos que contribuiron e contribúen a nosa cultura e educación visual (e porque non, ética).

álgebra lineal y geometría elemental. Selecciones científicas. 1971

Deseño de camisa e cuberta. Anónimo.

Impresión. Selecciones Gráficas.

Dimensións. 145×210 mm

Ann & Paul Rand. “El pequeño 1”. “Little 1”

Posted in 60's, book design, illustration, Paul Rand by desescribir on 14 March 2010

“Little 1” publicouse no ano 1962 pola editorial Harcourt, Brace & World que acolleu os catro volumes realizados por Ann e Paul Rand. Barabara Fiore Editora encárgase da súa reedición en castelán: El pequeño 1.

Mentres aprendemos a contar ata dez, Ann trata a soidade, a aceptación polos demais e a búsqueda do sitio propio.

Neste volume, Paul Rand troca os planos de color de figura a fondo, adquirindo protagonismo o debuxo de liña.

“El pequeño 1”

21,5 x 26 cm

Barbara Fiore Editora. 2006

ISBN. 978-84-934811-2-4

Agardamos impacientes a reedición de “Listen! Listen!”, o último libro onde colaboran os Rand, e que contén unha das páxinas máis sonoras da historia da tipografía.

Ann & Paul Rand. “Chispas y cascabeles”. “Sparkle and Spin”

Posted in 50's, book design, illustration, Paul Rand by desescribir on 11 March 2010

Segunda entrega froito da colaboración entre Ann Rand Ozbekhan e Paul Rand. “Sparkle and Spin” publicado orixinalmente por Harcourt, Brace & World no ano 1957 está reeditado en castelán por Barbara Fiore Editora baixo o título “Chispas y cascabeles”.

Desta vez, o mundo das palabras é o protagonista: sonoridade, rima, forma…

De novo, gardas, adicatoria e dobres páxinas fan da lectura unha festa visual.

-A composición orixinal e o modo de construcción da páxina mostrada na quinta imaxe pode verse en amassblog. Como comenta  JP Williams na súa entrada, a ilustración  foi utilizada tamén para un dos cadernos deseñados por Rand para IBM-

“Chispas y cascabeles”

21,5 x 26 cm

Barbara Fiore Editora. 2006

ISBN. 978-84-934811-3-1

Ann & Paul Rand. “Sé muchas cosas”. “I know a lot of things”

Posted in 50's, book design, illustration, Paul Rand by desescribir on 7 March 2010

Barbara fiore Editora ten publicado en castelán tres dos catro libros escritos por Ann Rand e deseñados polo seu home, Paul Rand, un dos deseñadores americanos máis relevantes do século pasado.

“Sé muchas cosas” é o primeiro de catro libros que teñen aos pequenos de dous a seis anos como principias destinatarios. Editado orixinalmente no ano 1956 por Harcourt, Brace & World baixo o título “I know a lot of things”, é reeditado no 2006 por ChronicleBooks.

A escritura de Ann Rand é sinxela e sincera, invitando ao disfrute da vida. En combinación coas ilustracións fai cóxegas e arrinca  sorrisos.

A actidude de Paul Rand á hora de comunicar dende o xogo, a sorpresa e o humor, así como os elementos gráficos que fan recoñecible a súa linguaxe -cor, ilustración e tipografía- están presentes ao longo de todo o libro, facendo un goce percorrer a publicación: camisa, cuberta, gardas, adicatoria, dobres páxinas… todo un mundo para perderse.

A utilización de seis tintas directas sobre papel offset, nunca mesturadas entre si e poucas veces en baixa intensidade, reforzan as xa de por si, fermosas ilustracións.

É moi de agradecer que deseñadores como Paul Rand,  se preocupen de producir material para as idades onde os ollos están máis abertos.

“Sé muchas cosas”

21,5 x 26 cm

Barbara Fiore Editora. 2008

ISBN. 978-84-936185-7-5

Follow

Get every new post delivered to your Inbox.

Join 37 other followers