daniel gil. kafka. paperback
“Ya era de noche cuando K. llegó. La aldea yacía hundida en la nieve. Nada se veía en la colina; bruma y tinieblas la rodeaban; ni el más debil resplandor revelaba el gran castillo. Largo tiempo K. se detuvo sobre el puente de madera que del camino real conducía a la aldea, con los ojos alzados al aparente vacío”

o texto en cabeceira é o primeiro parágrafo do libro ‘el castillo’ de franz kafka.
a cuberta é un dos deseños realizados por daniel gil (1930-2004) para a colección ‘libro de bolsillo’ de alianza editorial.
daniel gil foi alumno da escola de deseño de ulm (hochschule für gestaltung) nos anos 50, e un dos principais renovadores do deseño en españa. durante 25 anos traballou para alianza editorial, chegando a ser o seu director artístico.
biografía completa +
colección de cubertas deseñadas por daniel gil para a colección ‘libro de bolsillo’ en flickr +
el castillo. franz kafka
alianza editorial
segunda edición. madrid. 1973
isbn 84-206-1297-9
105 x 180 mm
integración de balances. libro. book


segundo a faixa que envolve o libro, o autor enrique fernández peña escribe a primeira obra en castelán sobre o cálculo analítico das magnitudes económicas, financieiras e patrimoniais correspondentes a asociacións e unións de empresas.
é sorprendente como con tres círculos de diferente cor se resolven gráficamente a cuberta e lomo do libro facendo referencia ao contido. o mesmo se pode decir da utilización do papel milimetrado para a faixa.
título. integración de balances
edita. aguilar
deseño. anónimo
impresión. tipografía artística. valencia
dimensións. 145 x 217 mm
valencia 1965
alvin lustig. perspektiven. perspectives


perspektiven. kunst. literatur. musik. 1-5
s. fischer verlag. frankfurt am main
intercultural publicactions inc. new york
1952-1953
152 x 225 mm
alvin lustig deseñou varias portadas para a revista sobre arte, literatura e música chamada ‘perspectives’. a revista, orixinalmente editada en estados unidos, tivo unha versión en alemán que conservaba o mesmo deseño que a orixinal.
entre os colaboradores para a revista figuraban escritores como william faulkner ou william carlos williams. diste último autor o propio alvin lustig deseñou portadas dos seus libros na editorial new directions.
para a mesma revista realizaron portadas deseñadores como paul rand ou herbert bayer.
as portadas de alvin lustig para os números 1 e 5 mostran unha clara influencia das experiencias da arte concreta suiza dos mesmos anos, representado en autores como max bill, richard p. lohse, marcel wyss ou verena loewensberg (+), moitos deles tamén deseñadores gráficos e habituados a un trasego fluido de experiencias entre arte e deseño, baseándose nuns principios afastados de dogmas disciplinares, e nos que a arte e o deseño, ademáis da arquitectura, eran ferramentas complementarias cunha clara vocación funcional e de servicio á sociedade.
lucha ideológica en la ciudad. libro. book


libro que recolle a conferencia de jose luis rubio + “lucha ideológica en la ciudad” pronunciada na XXIV semana social de españa en madrid no ano 1965. sorprendente cuberta realizada por unha deseñadora da que non atopamos referencias: maría josé martí.
título. lucha ideológica en la ciudad
edita. zero
deseño de cubertas. maría josé martí
impresión. gráficas color
dimensións. 116 x 162 mm
madrid 1970
2 comments